Nove países europeos debaten en Lugo sobre como mellorar a eficiencia dos fondos europeos en intervencións urbanas

Segundo os organizadores, Lugo foi a elixida para acoller o seminario por ser unha das cidades que está a alcanzar maior proxección internacional cos proxectos europeos”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, puxo en valor esta reunión internacional, “xa que permitirán optimizar a xestión dos fondos que están a permitir transformar ás cidades”.

A xuntanza reuniu a representantes de 9 países europeos e contou coa presenza de dúas directoras xerais, da Axenda Urbana e de Política Urbana, entre outros responsables.

Mércores, 24 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nove países europeos debaten en Lugo sobre como mellorar a eficiencia dos fondos europeos en intervencións urbanas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a benvida esta maña ao medio centenar de participantes de nove países europeos que se deron cita en Lugo para analizar e debater, coa experiencia adquirida nas súas cidades a través das estratexias EDUSI, como mellorar a eficiencia dos fondos europeos en intervencións urbanas, cuxa convocatoria sairán o vindeiro ano.

A rexedora agradeceu a elección de Lugo como cidade acolledora deste seminario e que foxe a urbe elixida para poder presentar os proxectos que se están a desenvolver “na segunda transformación urbana, social e económica que estamos a impulsar a través dos fondos europeos Muramiñae e Lugo Life+Biodinámico, para romper as barreiras de accesibilidade da trama urbana co río e impulsar unha nova mobilidade, onde as persoas son o eixo central dos cambios, así como unha planificación do urbanismo do futuro máis sostible e menos contaminante”.  “As conclusións que sairán destas participacións serán claves para mellorar os moitos fondos que están a chegar de Europa e que son tan importantes para a cidade”, sostivo.

Xoan Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, institución organizadora desta xornada, puxo en valor a Lugo, “cidade que foi a elixida porque nela conflúen a intervención urbana romana, de gran valor e que aínda pervive, o cambio que supuxo o seu crecemento como cidade aluvión e os proxectos europeos de futuro que non só a sitúan como unha das urbes referentes pola súa proxección internacional, xa recoñecida, senón que supoñen unha evolución de Patrimonio da Humanidade a patrimonio sostible das futuras xeracións”.

Ao seminario, que se enmarca no proxecto EURE de I-Europe, acudiron responsables do Goberno central en fondos europeos como María Eugenia Bellver Moreira, subdirectora xeral de Política Urbana do Ministerio de Facenda; Ángela de la Cruz Mera, subdirectora xeral de Vivenda e Axenda Urbana, e José Palma Andrés, coordinador do equipo de expertos do proxecto EURE. Ademais, estivo Emilia Martínez, directora do Programa Subdirección General de Xestión del FEDER.

Na xornada tamén presentaron as súas boas prácticas A Coruña e Pontevedra, pero tamén estiveron presentes doutras cidades EDUSI como Ferrol, Ribeira, Ponteareas, Ames, Lalín, Vilagarcía, Marín ou Culleredo, e de oitos países do proxecto EURE: Francia, Bélxica, Italia, Chipre, República Checa, Letonia, Polonia e Rumanía.

A xornada finalizou cunha visita guiada ás obras que se están a desenvolver na cidade cos fondos europeos.

Noticias relacionadas