A Mosqueira foi peonil durante a mañá do Día Europeo sen Coches

Decenas de nenos e nenas participaron nas actividades organizadas polo Club Ciclista Cidade de Lugo

Durante todo o día o bus urbano foi gratuito

Domingo, 22 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Mosqueira foi peonil durante a mañá do Día Europeo sen Coches

Durante o día  europeo sen coches, desde a área de Mobilidade e Infraestruturas realizouse unha “demostración da futura peonalización da Mosqueira”. Malia as incidencias climatolóxicas, que obligaron a interromper a sesión vermú, o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, calificou a xornada como “un éxito”, marcando a boa acollida que tivo a acción por parte da veciñanza.

A xornada comezou ás 11:30 con actividades nas que participaron decenas de nenos e nenas a cargo do Club Ciclista Cidade de Lugo. A partir das 13h, estaba previsto que o grupo lucense Wicked World rendera tributo aos grupos de rock da década dos 70, 80 e 90 nunha sesión vermú, máis o concerto tivo que interromperse pouco despois do comezo debido á choiva.

Arroxo sinalou que “esta xornada foi unha oportunidade para desfrutar dun Lugo onde non se precise ter a muralla rodeada por vehículos”, e engadiu que “o recinto interior da Muralla é a zona monumental máis importante da cidade de Lugo e a día de hoxe conta con un valiosos elementos distinguidos como Patrimonio da Humanidade” e por iso “temos a responsabilidade de traballar para que a cidade e o seu casco histórico, ademais de ser un atractivo turístico, continúe sendo un espazo habitado no que lucenses e visitantes conflúan”.

Multimedia

  • A Mosqueira foi peonil durante a mañá do Día Europeo sen Coches
  • A Mosqueira foi peonil durante a mañá do Día Europeo sen Coches
  • A Mosqueira foi peonil durante a mañá do Día Europeo sen Coches

Noticias relacionadas