A mobilidade inclusiva do Goberno chega aos barrios: Santo Grial e Angelo Colocci a 30km/h e rúa Avutarda sentido único

Así mesmo, acometerase o repintado das marcas viais e pasos de peóns desas rúas e no cruce de Santo Grial con Mar Cantábrico e Manuel María

A Alcaldesa, acompañada do Voceiro Municipal e o Inspector do Gabinete de Tráfico anunciou estas tres novas medidas, que teñen como denominador común mellorar as condicións da cidadanía e da cidade

O Goberno entende a mobilidade como "unha constante", que engloba tanto grandes obras, como pode ser o proxecto de reforma da Volta da Viña, como pequenas actuacións, "todas elas necesarias e complementarias"

Venres, 03 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A mobilidade inclusiva do Goberno chega aos barrios: Santo Grial e Angelo Colocci e a 30km/h e rúa Avutarda sentido único

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e o Inspector do Gabinete de Tráfico, Manuel Vázquez Sanjurjo, deu a coñecer este vernes tres novas medidas de mobilidade inclusiva do Goberno, que desta volta chegarán aos barrios, concretamente ao da Piringalla, e que teñen como denominador común mellorar as condicións da cidadanía e da cidade.  

Nesta liña, Méndez anunciu que a rúa Santo Grial, no tramo comprendido entre a rúa Lavandeira e Angelo Colocci, e a rúa Angelo Colocci, entre Santo Grial e Gallego Tato, serán zonas limitadas a 30 km/h. O inicio do repintado da nova sinalización, tanto horizontal como vertical, acometerase ao longo deste mes, momento no que pasará a ser efectiva esta medida, que se realiza nunha contorna co colexio con máis alumnado matriculado da cidade, Luis Pimentel, e con dous institutos que concentran uns 1.000 rapazas e rapazas -instituto Muralla de Lugo e Ánxel Fole-. Ademais, ao realizar esta nova medida, o Goberno cumpre un acordo plenario, o de dotar de zonas 30 ás inmediacións escolares, ao igual que fixo xa na Avenida Ramón Ferreiro e na rúa Rodríguez Mourelo no pasado mes de outubro.

O Goberno de Lara Méndez entende a mobilidade como "unha constante", que engloba tanto grandes obras, como pode ser o proxecto de reforma da Volta da Viña vinculada á peonalización da Calzada da Ponte, enmarcada na estratexia Muramiñae, financiada ao 80% con fondos FEDER; como pequenas actuacións, "todas elas necesarias e complementarias", como esta sinalización, que persegue mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, "que en definitiva, son os que moven ao Goberno, estando sempre no centro da xestión municipal".  

Ao mesmo tempo que se produce este cambio de velocidade, tamén se repintará a sinalización de 9 pasos de peóns nestas rúas, e outros catro en Gallego Tato, onde recentemente se instalaron pasos de peóns con luces led. Complementarase a acción co repintado das marcas viais e os tres pasos de péons do cruce de Santo Grial con Mar Cantábrico e Manuel María. Paralelamente, tamén se realizará o cambio circulatorio na rúa Avutarda, pasando a ser de sentido único, todo elo coa finalidade de mellorar a seguridade e a circulación da zona.

"Con estas novas medidas, todas elas conxuntas, perseguimos unha cidade máis comprometida co medio ambiente, máis sostible e unha cidade pensada sempre nas persoas", concluíu Méndez. 

Audio

  •  Lara Méndez, sobre a mobilidade inclusiva do Goberno | Descargar mp3

Multimedia

  • A mobilidade inclusiva do Goberno chega aos barrios: Santo Grial e Angelo Colocci e a 30km/h e rúa Avutarda sentido único

Noticias relacionadas