Minuto de silencio na Praza Maior polas últimas vítimas do terrorismo machista

Luns, 19 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Minuto de silencio na Praza Maior polas últimas vítimas do terrorismo machista

A Corporación Municipal gardou este luns un minuto de silencio na Praza Maior polas últimas tres vítimas do terrorismo machista, asasinadas esta fin de semana en Santiago, Vigo e La Pobla de Mafumet (Tarragona). Nesta concentración tamén participou o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente este terrorismo, e amosan a solidaridade coas familias e amigos de todas as mulleres asasinadas.

Noticias relacionadas