Minuto de silencio da Corporación Municipal en repulsa por un novo crime machista en Granada, que eleva a 25 as asasinadas este ano

O alcalde de Lugo xunto a varios edís se concentraron ante a Subdelegación do Goberno en lembranza da vítima, falecida o 24 de agosto e confirmada agora como un caso de violencia de xénero.

Martes, 02 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Minuto de silencio da Corporación Municipal en repulsa por un novo crime machista en Granada, que eleva a 25 as asasinadas este ano

A Subdelegación do Goberno de Lugo acolleu esta mañá a concentración en repulsa dun novo crime machista, á que acudiron varios edís da Corporación Municipal de Lugo, encabezados polo alcalde de Lugo, Miguel Fernández. Con esta nova convocatoria, quixeron amosar a súa condena á violencia de xénero ao tempo que se lembrou á vítima, unha muller de 54 anos, que morreu a mans da súa ex parella o pasado 24 de agosto, na localidade de Motril, e que eleva a 25 o número de mulleres asasinadas por violencia machista no que vai de ano.

Con este novo crime o número de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas desde 2003, ano no que comezaron a contabilizarse as mortes por violencia machista, ascende a 1.319. O home detido tiña en vigor unha orde de afastamento sobre a súa ex muller, que estaba incluída no sistema de seguimento integral VioGén.

Multimedia

  • Minuto de silencio da Corporación Municipal en repulsa por un novo crime machista en Granada, que eleva a 25 as asasinadas este ano

Noticias relacionadas