Medio Rural leva mañá á Xunta de Goberno a aprobación dunha licenza urbanística no rural

Domingo, 13 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno celebrará este luns unha sesión para axilizar a aprobación dunha licenza urbanística no lugar de Outeiro, parroquia de Santiago de Saa.

 “Trátase dunha autorización para unha explotación gandeira xa existente na que se quere incrementar o censo de 76 a 92 cabezas - explica Miguel Fernández – e que, tras presentarse o 30 de xullo, foi tramitada polos servizos municipais en apenas dous meses”.

 O proxecto, que necesitou previamente o permiso da Confederación Hidrogáfica ao estar ubicadas parte das obras en chan rústico de especial protección de aguas, abórdase nunha reunión urxente e extraordinaria para facilitar á propiedade a concorrencia a unha subvención.

 “Os traballos consistirán en ampliar a corte para acoller máis animais, contando con 16 novos cubículos, espazos para alimentación e exercicio ademais dunha parideira así como a construción dunha fosa de xurro”, indica o edil de Medio Rural.

 A intervención, que dispón dun orzamento de 82.293 euros, terá un prazo de execución de ano e medio.

Noticias relacionadas