Medio Rural inviste 36.800 euros na instalación de 22 novos puntos de luz en 10 núcleos do concello

As novas dotacións elevan así ata as 6.500 o número de luminarias existentes nas parroquias do municipio, das que 4.400 son de tecnoloxía LED de baixo consumo

Xoves, 03 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inviste 36.800 euros na instalación de 22 novos puntos de luz en 10 núcleos do concello

A concellería de Medio Rural vén de investir 36.800 euros na creación de 22 novos puntos de luz en 10 núcleos do concello.

As novas dotacións elevan así ata as 6.500 as luminarias existentes nas parroquias do municipio.

“Nos próximos días darán comezo os traballos de colocación do tendido que completará as infraestrutras actuáis de Santa María Alta, Pías, Piugos, Teixeiro, Meilán, Santa María de Bóveda, Carballido, San Xoan do Campo, Santa Comba e San Xoan do Alto”, indicou Miguel Fernández e explicou que as localizacións escollidas para a ubicación dos mesmos obedecen ao estudo de idoneidade que realizan os técnicos municipais.

O edil responsable de área sinalou tamén que do conxunto do alumeado existente na zona rural, 4.400 lámpadas son de tecnoloxía LED de baixo consumo “o que permite, ao mesmo tempo que se presta un importante servizo público, que este se desenvolva baixo parámetros medioambientais sostibles, propiciado un importante aforro enerxético, e dando, ademais, cobertura ás necesidades e demandas que nos traslada a veciñanza”, concluíu Miguel Fernández.

Noticias relacionadas