Medio Rural acometerá o abastecemento de Adai cun investimento de 200.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobaba hoxe o proxecto de obra e a apertura do procedemento de contratación dos traballos de mellora dos accesos en Fazai – Farxocos e en Outeiro.

Na sesión desta semana tamén se validaron as bases específicas para o acceso en propiedade a 12 prazas de bombeiro – condutor e se concederon 5 licenzas urbanísticas.

Mércores, 30 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural acometerá o abastecemento de Adai cun investimento de 200.000 euros

Medio Rural acometerá o abastecemento de Adai cun investimento de 203.676 €.

A Xunta de Goberno Local aprobaba hoxe o proxecto de obra que se levará a cabo cos fondos procedentes do Plan Provincial Único.

O edil responsable, Miguel Fernández, explicou que “con esta actuación, que ten un prazo de execución de 5 meses, se pretende continuar estendendo progresivamente un servizo básico e esencial, como é a distribución de auga potable, ao conxunto do municipio”.

“Trátase dun compromiso adquirido hai tempo polo executivo de Lara Méndez que agora se concreta co dobre obxectivo de atender ás demandas da cidadanía pero tamén de acadar que, pouco a pouco, a zona rural e a urbana se equiparen en canto a dotacións públicas”, engadiu o concelleiro ao tempo que indicou que, na sesión desta mañá, tamén se abriu o procedemento de adxudicación da obra, orzamentada en 79.856’50 €, para mellorar os accesos en Fazai – Farxocos e en Outeiro, con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais cofinanciado co FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural).

Xa en materia de persoal, hoxe foron validadas as bases específicas para concorrer á convocatoria dunha praza de Oficial Electricista, recollida na Ope de 2017, e de 12 prazas máis para bombeiro – condutor procedentes das Ofertas Públicas de Emprego do 17 (3), do 18 (3) e do 2020 (6).

A cobertura das mesmas axudará á consolidación dunha ducia de empregos interinos xa que, logo das 23 incorporacións que se materializaron en decembro de 2019 o equipo de Extinción de Incendios e Salvamento se mantén nos 48 efectivos, próximo aos 56 que se recollen na RPT municipal.

Igualmente, entre os asuntos que figuraban na orde do día deste mércores, o goberno local adxudicou á empresa Mercash Sar, mediante lotes, a subministración de alimentos (55.662’47 €) e doutros produtos de limpeza (3.192’92 €) no Fogar de Transeúnte por un período dun ano prorrogable por outro máis, así como o material e a ferramenta necesaria para a realización das obras recollidas no programa de inserción socio laboral Muramiñae Rehabilita, que recaeu en Arias Nadela por un importe total de 137.489’27 € e se autorizou a continuidade, durante o vindeiro exercicio, de Spica S.L á fronte do servizo de transcrición de actas do Pleno e das Comisións (15.742’10 €).

Do mesmo xeito, se concederon cinco licenzas urbanísticas para diferentes actuacións no termo municipal. Entre elas a construción dunha vivenda unifamiliar en San Xoán de Tirimol (256.793’37 €), a rehabilitación dunha edificación tradicional en San Xoán de Pena (106.794’04 €) e a demolición dunha edificación de planta baixa na parroquia do Veral (12.483’77 €), así como a instalación dun ascensor nun inmoble da rúa Concepción Arenal (54.201’67 €) e a legalización de obras e parcelamento dos terreos nos que se asenta unha nave industrial sita na rúa dos Carpinteiros (15.688’61 €).

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o abastecemento de Adai | Descargar mp3

Noticias relacionadas