Xoves, 21 de xaneiro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A área de Medio Ambiente informa de que a primeira hora da tarde procederá a pechar os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA, por ventos que poden deixar refachos de até 90 km/hora e que afectarán ao centro e sur da provincia de Lugo a partir das últimas horas da xornada.
Dende Medio Ambiente explícase que operarios municipais procederán a precintar os recintos de Rosalía de Castro e de Frigsa así como o resto de parques e xardíns da capital, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.