Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente pechará os parques da cidade a primeira hora da tarde ante a chegada de ventos con refachos superiores aos 90 km/h

Medio Ambiente pechará os parques da cidade a primeira hora da tarde ante a chegada de ventos con refachos superiores aos 90 km/h

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Xoves, 21 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente pechará os parques da cidade a primeira hora da tarde ante a chegada de ventos con refachos superiores aos 90 km/h

A área de Medio Ambiente informa de que a primeira hora da tarde procederá a pechar os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA, por ventos que poden deixar refachos de até 90 km/hora e que afectarán ao centro e sur da provincia de Lugo a partir das últimas horas da xornada.

Dende Medio Ambiente explícase que operarios municipais procederán a precintar os recintos de Rosalía de Castro e de Frigsa así como o resto de parques e xardíns da capital, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-pechara-os-parques-da-cidade-primeira-hora-da-tarde-ante-chegada-de-ventos-con