Álvaro Santos: “Como xa fixéramos no estado de alarma en marzo, colocaremos novos baños públicos para atender as necesidades causadas polo peche de bares e cafeterías”
Instalaranse dúas cabinas máis que na anterior ocasión, no Centro Social da Miliagrosa, no entorno de Frigsa, e a carón do Banco de Alimentos, no Ceao
Destas cabinas, oito están adaptadas para persoas con mobilidade reducida
- Tema

A área de Medio Ambiente instalará 13 cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade, 8 delas adaptadas a persoas con mobilidade reducida, dando resposta, deste xeito, a unha demanda veciñal xurdida polo peche dos locais de hostalería. “Como xa fixéramos durante o estado de alarma decretado polo Goberno Central en marzo, dende o Concello procedemos á instalación de aseos portátiles, co fin de atender as novas necesidades derivadas do peche de bares e cafeterías, dando así resposta a unha demanda veciñal”, apuntou Álvaro Santos.
O edil explicou que “atendendo as peticións dos veciños e veciñas, instalaranse un total de 13 cabinas, dúas máis que na anterior ocasión, que serán colocadas no Centro Social da Milagrosa, no entorno de Frigsa, e a carón do Banco de Alimentos, no polígono industrial do Ceao. A previsión é que permanezan dispoñibles até o 11 de decembro”.
Estas instalacións súmanse á decena de aseos que o Concello mantén habilitados, con carácter continuado, noutros puntos da capital, ademais do autolimpable ubicado no Parque Rosalía de Castro, e cos que se pretende dar cobertura ao maior número de zonas posible.
O concelleiro sinalou tamén que “as cabinas serán aseadas e desinfectadas, tanto interior como exteriormente, dúas veces ao día cunha unidade móbil que fará unha limpeza con vapor, chorro a presión e reposición de tódolos materiais que contén como auga, xabón, papel hixiénico e mesmo ambientador”.
A continuación achégase unha relación coa situación das cabinas, tanto as fixas, como as que se veñen de incorporar.
CABINAS SANITARIAS SERVIZOS ESENCIAIS (Nova instalación)
|
|
MOBILIDADE REDUCIDA |
|
Garabolos |
SI |
|
Praza de Ferrol |
SI |
|
Campo Castelo |
SI |
|
Centro Social A Milagrosa |
SI |
|
Praza Horta do Seminario |
SI |
|
Praza do Rei |
SI |
|
Praza Aguas Férreas |
SI |
|
Fingoy (centro de convivencia) |
SI |
|
Praza da Milagrosa |
NON |
|
Praza do Castiñeiro |
NON |
|
Fontiñas (ascensor) |
NON |
|
Otero Pedrayo |
NON |
|
Banco de alimentos |
NON |
BAÑO PÚBLICO AUTOLIMPABLE PARQUE ROSALÍA DE CASTRO (Fixo)
CABINAS PARQUES E XARDÍNS (Fixas)
|
|
MOBILIDADE REDUCIDA |
|
Fonte dos ranchos |
SI |
|
Parque de Marcos Cela |
SI |
|
Parque de Frigsa |
SI |
|
Montirón (local social) |
SI |
|
Parque do Miño (pasarela) |
SI |
| Parque do Miño (ponte romana) |
SI |
|
Parque do Miño (restaurante O Muiño) |
NON |
|
Parque do miño (ponte romana) |
NON |
| Carballeira (fábrica da luz) |
NON |
| Parque do Sagrado Corazón | NON |
Audio
- O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a instalación de cabinas sanitarias | Descargar mp3

