Mañá publícanse as listas definitivas dos admitidos nas escolas infantís municipais para o próximo curso 2015/2016

O prazo de matrícula dos nenos e nenas admitidos será entre os dias 8 e 18 de xuño

Xoves, 04 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral informa que dende mañá día 5 de xuño xa se poden consultar as listas definitivas de admitidos, a lista de agarda e a lista de desestimados dos solicitantes de praza para as escolas infantís municipais para o curso escolar 2015/2016 que estarán expostas no taboleiro de editos, no taboleiro da Concellería de Educación, e nas catro escolas de entidade municipal.

O prazo de matrícula das nenas e nenos admitidas/os nestas listas queda establecido en 10 días, dende o 8 ao 18 do mes de xuño, e realizarase nas escolas onde as nenas e nenos teñan praza.

A documentación que deberán achegar para formalizar a matrícula é a seguinte:

  • 2 fotografías tamaño carné da nena ou neno
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da nena ou neno polas dúas caras
  • Certificado médico da nena ou neno
  • Certificación bancaria da conta onde se desexe  domiciliar  o pagamento  dos recibos pola utilización do servizo municipal da escola infantil onde apareza titular e número de conta, exceptuándose da obriga de presentar este documento as nenas e nenos que sexan bolseiros.

 Se esta documentación non se presenta dentro do prazo e lugar indicados, terase por decaída a solicitude de praza.

Ademais o día 24 de xuño ás 19 horas convócase a unha xuntanza das familias dos nenos e nenas de novo ingreso admitidos nesta convocatoria para que coñezan as escolas e a normativa das mesmas.

Noticias relacionadas