Máis de setecentos alumnos matriculados nos cursos da Escola Municipal de Música de Lugo

Lara Méndez e Manuel Núñez visitaron ao alumnado desta escola, na que comezaron a impartirse novas especialidades musicais, cunha materia de banda infantil e outra de iniciación ao piano

Martes, 04 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de setecentos alumnos matriculados nos cursos da Escola Municipal de Música de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, visitaron aos alumnos matriculados nas distintas materias que se imparten na Escola Municipal de Música de Lugo, que conta con máis de setecentos estudantes e máis de mil matrículas nos diferentes cursos que se ofertaron.

Neste curso comezaron a impartirse novas especialidades musicais, cunha materia de banda infantil e outra de iniciación ao piano. Tamén se puxo en marcha un servizo de préstamo de instrumentos dirixido a aqueles alumnos con escasos recursos económicos.

O Concello adquiriu recentemente para a Escola Municipal de Música de Lugo diversos materiais didácticos e audiovisuais cun investimento de preto de 5.700 euros, en resposta á petición realizada polos mestres da escola e para mellorar a impartición das distintas materias.

Deste xeito, cambiáronse os tubos fluorescentes por outros de leds, mellorando deste xeito a calidade da luz e contribuíndo a reducir o consumo enerxético. Tamén se adquiriron partituras de percusión, ou cd´s para música tradicional, ou uns altofalantes.

Multimedia

  • Máis de setecentos alumnos matriculados nos cursos da Escola Municipal de Música de Lugo

Noticias relacionadas