Lugo homenaxea aos homes e mulleres que formaron a primeira Corporación municipal e “contribuíron a asentar a democracia”

Concelleiros, concelleiras e familiares acudiron ao acto conmemorativo do 40 aniversario

Xoves, 09 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo homenaxea aos homes e mulleres que formaron a primeira Corporación municipal e “contribuíron a asentar a democracia”

A Alcaldesa, Lara Méndez, presidiu este mércores o acto de homenaxe organizado polo Concello no Salón de Plenos á primeira Corporación da democracia no seu 40 aniversario, aos primeiros homes e mulleres representantes municipais da cidadanía de Lugo “que contribuíron a asentar a democracia seguindo os pasos da Constitución nu momento moi difícil, de total centralización e con medos, e mesmo dúbidas de se a democracia viña para quedarse ou se se podía perder”. De feito, como todos os inicios, os da etapa democrática despois de catro décadas de ditadura “tampouco foron fáciles”, subliñou Méndez, quen lembrou que, tras as primeiras eleccións do 3 de abril de 1979, tomou posesión unha Corporación, despois da que funcionou unha xestora e tiveron lugar outros comicios o 2 de outubro do mesmo ano.

A rexedora subliñou, como xa o fixo na entrega das Medallas de Ouro da cidade en novembro pasado a persoeiros e institucións ilustres da cidade, que “un pobo que recoñece ás persoas que contribuíron e contribúen a que Lugo progrese é un pobo con altura de miras”. Por iso, o Concello organizou este tributo de Lugo aos seus primeiros representantes municipais, cos que a Corporación actual, asegurou, mantén un denominador común, que é traballar por “unha sociedade máis xusta, equitativa e igualitaria para todos os veciños e veciñas”.

Lara Méndez puxo en valor o papel e o traballo do alcalde Xosé Novo Freire e dos que o sucederon, Vicente Quiroga, Tomás Notario, José García Díez e Xosé López Orozco, como tamén fixo mención especial ás dúas únicas mulleres que tomaron posesión tras as primeiras eleccións democráticas, Antonia Calvo Blanco e Sonsoles Izquierdo Álvarez-Boylla, ás que agradeceu que abriran portas na política, poñendo as bases “para que moitas poidamos esteamos hoxe aquí”.

No acto, no que estiveron presentes concelleiros e concelleiras da primeira Corporación e familiares, participou a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, o Deputado provincial de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro.

Tras a intervención da Alcaldesa, tomou a palabra unha das dúas únicas mulleres edís que tomaron posesión tras as eleccións de abril do 79, Sonsoles Izquierdo, quen, emocionada, agradeceu o recoñecemento do Concello e destacou que foi “un honor y un orgullo  participar de la vida política de esta ciudad, estrenar el ciclo de municipales y formar parte activa de una democracia naciente en la que sobraba el entusiasmo y la ilusión”. Tamén destacou os importantes avances en materia de igualdade que se deron nestes últimos corenta anos, “y, aunque la igualdad de hecho aún está por llegar, hoy tenemnos leyes que nos protegen y nos impulsan para alcanzar el objetivo de la igualdad”.

Ao final do acto, a Alcaldesa e o resto da autoridades entregaron unha figura conmemorativa  da efeméride alusiva á igualdade aos concelleiros e concelleiras ou familiares que asistiron ao acto.

Os membros da primeira Corporación electos durante os dous procesos son os seguintes:

UCD

  • José Novo Freire
  • Adolfo Ulises Romero García
  • Benito Rego Cobo
  • Luciano Asorey Fernández
  • Vicente Quintas González
  • Antonia Calvo Blanco
  • Ramón Ferreirós Serantes
  • Manuel González Granxeiro Rodríguez
  • Julio Corral Cortiñas

Coalición Democrática

  • Aniceto Codesal Lozano
  • Jesús Vázquez Gallego
  • Francisco Cacharro Pardo
  • José Serafín Pena Souto
  • José Torres Pacios
  • Manuel Sangregorio Marbán

INDEPENDIENTES

  • Ramón González Rodriguez
  • José Iglesias Gonzalez
  • Manuel Rodriguez Trabada
  • Mariano P. Martín González

PSOE

  • Juan C. Alonso Gianonatti
  • Sonsoles Izquierdo-Álvarez Buylla
  • Cirilo Martínez Foncea
  • Mariano Sanz Pech
  • Manuel Guillermo Varela Flores
  • Enrique Disdier da Vila
  • Humberto Peña Díaz
  • Juan Fernández García

INDEPENDIENTES POR LUGO

  • José Mauricio Posada Veiga
  • Eduardo Nuñez-Torrón Freijo
  • José A. Sánchez del Valle Fraga

BNG

  • Manuel Castiñeira Castiñeira
  • Francisco Arrizado Yáñez
  • José Ramiro Gayoso Neira

PCG

  • Carlos Dafonte Díez
  • Julio Agrelo Trigo

Noticias relacionadas