Daniel Piñeiro, Sonsoles López, Cheché Real, Tomás Cuesta e Xan Neira presentaron esta cita, que acollerá a planta baixa do Pazo de Feiras e Congresos, na que participarán uns 60 stands
Concello e Asociación Provincial de Hostaleiros farán coincidir nas mesmas datas o concurso de tapas, no que haberá unha categoría especial, a ecotapa ecolóxica
Habilitarase especial de autobuses para trasladar aos participantes dende o Pazo ao centro da cidade luguesa co obxectivo de dar a coñecer toda a riqueza da capital
- Tema

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o Presidente da Asociación de Hostaleiros, Cheché Real; o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta, e o Vicepresidente da Asociación Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), Xan Neira presentaron este venres a feira agroecolóxica NaturaLugo, que organiza o organismo provincial os días 22, 23 e 24 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos, coincidindo co XII Congreso Internacional da SEAE que por primeira vez acolle a capital luguesa, reunindo a centos de expertos chegados de todo o mundo. Concello de Lugo e Asociación Provincial de Hostaleiros farán coincidir nas mesmas datas o concurso de tapas, no que haberá unha categoría especial, a ecotapa ecolóxica. O municipio habilitará ademais unha liña especial de autobuses para trasladar aos participantes dende o Pazo ao centro da cidade luguesa co obxectivo de dar a coñecer toda a riqueza da capital.
No acto, Daniel Piñeiro puxo en valor tanto este congreso, co que colabora o Concello, como coa feira agroecolóxica, pois supón unha oportunidade económica de gran calibre para dinamizar a economía luguesa.
Neste senso incidiu López Izquierdo, quen subliñou que “aproveitando esta oportunidade económica, pois durante estes días recibiremos a centos de persoas en Lugo, decidimos celebrar esta feira para promocionar a riqueza agroecolóxica da nosa provincia e impulsar o traballo dos profesionais deste sector”. A Deputación achega 40.000 euros para a celebración de NaturaLugo e o Congreso Internacional de SEAE.
60 stands en NaturaLugo
NaturaLugoterá lugar na pranta baixa do Pazo de Feiras e Congresos mentres na primeira se celebrará o congreso de SEAE. Na feira ubicaranse 60 stands, cuxo prezo é de 15 euros por metro cadrado, sendo moito máis vantaxoso con respecto aos custos habituais destas citas. O prazo de solicitude está aberto en info@naturalugo.com.
Concurso de tapas
Coincidindo co XII Concurso de Tapas de Lugo –que se celebrará do 9 ao 25 de setembro–, a Asociación de Hostaleiros creará unha categoría especial para premiar a ecotapa ecolóxica. Así, todos os establecementos que se inscriban nesta competición gastronómica terán a oportunidade de crear unha tapa con produtos ecolóxicos e optar ao premio que se entregará en paralelo ao Congreso e a Feira, o que permitirá, ao mesmo tempo, dar a coñecer estas actividades a todos os veciños da cidade.
Liña de autobuses
Do 20 ao 24 de setembro, Lugo converterase na capital internacional da agricultura ecolóxica coa presenza de centos de persoas especializadas do sector. Xunto ao congreso, realizaranse numerosas actividades entre as que se inclúen charlas, obradoiros, degustacións e presentacións de produtos. Aproveitando a afluencia de participantes no Congreso e en NaturaLugo, e tendo en conta ademais celebración do concursos de tapas, habilitarase unha liña especial de autobuses que recorrerá toda a cidade de Lugo.
Programación do XII Congreso de SEAE
O XII Congreso de SEAE, que por primeira vez acollerá a provincia de Lugo,terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos da capital luguesa. Lugo reunirá durante estes días a centos de expertos nacionais e internacionais, xuntando a un numeroso público e converténdose na capital española agroecolóxica por excelencia.
Martes, 20 de setembro
Celebraranse obradoiros, previos ao congreso, que versarán sobre os seguintes temas. O prezo de inscrición varía entre 30 e 80 euros.
- Silvopastoralismo y recolección silvestre
- Elaboración de produtos lácteos
- Sistemas Participativos de Garantía
- Bosques, acuicultura e agricultura de ribeira
- Dinamización Agroecolóxica Local
- Madeira estrutural e FSC
- Rede Aprendizaxe “Verde”
XII Congreso SEAE
Mércores, 21 de setembro
- 09:00 horas.- Apertura mesa de inscrición
- 09:15 horas.- Sesión de traballo Agroecoloxía en Europa: Mito ou realidade
- 12:00 horas.- Inauguración oficial do Congreso
- 12:30 horas.- Conferencia Leguminosas e Agroecoloxía. M Sánchez (UNCP-CO)
- 13:15 horas.- Conferencia Agroecoloxía y produción de alimentos. S Bellon (INRA FR)
- 14:00 horas.- Comida ecolóxica
- 15:30 horas.- Apertura sesión de pósters
- 16:00 horas.- Conferencia Silvopastoralismo e Agroecoloxía. JL Glez Rebollar (EEZ-CSIC)
- 16:45 horas.- Sesión de traballo Comunicacións paralelas (1,2,3)
- 18:15 horas.- Descanso
- 18:30 horas.- Mesa Redonda Políticas agroecolóxicas e agroforestais
- 20:30 horas.- Recepción no Concello de Lugo
- 21:30 horas.- Ruta de la Tapa
Xoves, 22 de setembro
- 09:00 horas.- Conferencia Cambio climático e AE
- 09:45 horas.- Sesión de traballoComunicacións paralelas (4,5,6)
- 11:45 horas.- Descanso
- 12:00 horas.- Sesión de traballoComunicacións /paneis
- 12:00 horas.- Ponencia Canles curtos, economía circular e reciclaxe
- 14:00 horas.- Comida ecolóxica
- 15:30 horas.- Apertura FeiraNaturaLugo
- 16:00 horas.- Conferencia Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía. R Binimelis (UVic)
- 16:45 horas.- Mesa Redonda Novo Regulamento: ¿máis sostibilidade?
- 18:00 horas.- Descanso
- 18:15 horas.- Ponencia Agroecoloxía e AE galega
- 18:45 horas.- Asemblea Xeral Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica
- 21:00 horas.- Cea de Gala SEAE e entrega da III Edición dos Premios Eco-eLabora
Venres, 23 de setembro
- 09:00 horas.- Conferencia Calidade agroalimentaria ecolóxica. MD Raigón (UPV)
- 09:45 horas.- Sesión de Traballo Comunicaciones paralelas (7,8,9)
- 09:45 horas.- Ponencia Biodiversidade y sementes
- 11:45 horas.- Descanso
- 12:00 horas.- Innovación agroecolóxica en Agricultura Ecolóxica
- 12:00 horas.- Encontro con estudantes de Agroecoloxía
- 13:30 horas.- Conclusións finais
- 14:00 horas.- Comida
- 15h:30 horas.- Visitas a fincas
Inscricións
Os interesados en participar neste XII Congreso deberán cubrir o formulario que se atopana web www.deputacionlugo.galou no seguinte enlace: http://www.agroecologia.net/inscripcion-congreso-lugo16/. Os inscritos recibirán un e-mail de confirmación, no que se indicará o número de conta no que facer o ingreso.
Os prezos son os seguintes:
Tipo |
Ata o 20 de setembro |
Despois do 20 de setembro |
Inscriciónsxerais |
95€ |
120€ |
Agricultores, estudantes |
80€ |
95€ |
Socios SEAE |
70€ |
85€ |
No prezo, inclúense documentación, certificado de asistencia, caderno de resumos e impresos, actas dixitais e o acceso virtual áspresentacións.
Tamén hai programadas comidas ecolóxicas colectivas. (Prezos orientativos)
Concepto |
Ata o 16 de setembro |
Despois do 16 de setembro |
3 Comidas |
39€ |
44€ |
2 Comidas |
26€ |
31€ |
1 Comida |
15€ |
20€ |
Cena SEAE |
20€ |
30€ |