López Orozco pídelle á Xunta que axilice a construción do Auditorio, o saneamento rural e a apertura do novo Hospital

Venres, 18 de decembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

López Orozco pediulle hoxe á Xunta que axilice a construción do Novo Auditorio, o saneamento rural e a apertura do novo Hospital. “Cando chegue a Santiago dígalle ao Presidente que ten que vir inauguralo o antes posible”, expuxo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá na inauguración das obras da ronda este, presididas polo Concelleiro de Infraestruturas do Goberno galego.

López Orozco destacou o carácter colaborador da Administración Local que se visualiza a través de proxectos como a construción dos viais perimetrais do novo hospital que contaron cun investimento de 7 millóns de euros ou a cesión da parcela para a construción do inmoble.

Destacou a importancia das obras por dar “un extraordinario servizo” non só ao Hospital senón a todas as persoas de Lugo e a provincia que queiran atravesar da Estrada da Fonsagrada á Estrada de Asturias e seguir pola ronda norte sen ter que acceder por iso á cidade”.

Así mesmo, subliñou o servizo que lle dá ao Parque Empresarial das Gándaras e ao do Ceao deixando a Lugo “nunhas inmellorables condicións no que ao tránsito se refire”.

Multimedia

Noticias relacionadas