A licitación o servizo de cociña, comedor e lavandería da escola infantil Serra de Outes e Gregorio Sanz, tras a mofidicación do orzamento do concurso

A Xunta de Goberno aprobou sacar a contratación estes servizos, que teñen un orzamento de 59.600 para a primeira e 54.900 para a segunda. Ademais estímase o gasto en alimentación nuns 11.600 euros para cada escola

Na sesión deste mércores, a Xunta de Goberno deu luz verde ao inicio do proceso de contratación da explotación da cafetería Centro de Convivencia de Fingoi

Mércores, 04 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores acordou sacar a licitación o servizo de cociña, comedor e lavandería da escola infantil Serra de Outes e Gregorio Sanz, tras proceder á modificiación dos pregos de condicións, concretamente das cantidades de lciitación, seguindo o establecido en informes técnicos, para proceder á adxudicación destes servizos e garantir a cobertura desta prestación.

Tal e como avanzou o voceiro municipal, Miguel Fernández, para a escola Serra de Outes o prezo de licitación será duns 59.600 euros e para a Gregorio Sanz, 54.900 euros. Ademais, estímase o gasto en alimentación nuns 11.600 euros para cada unha das escolas, sen posibilidade de minorar o prezo na oferta.

Todas as empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo no Rexistro Xeral do Concello, nun prazo de 15 días naturais dende a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O contrato será por dous anos, prorrogable por outros dous.

Cafetería Centro de Convivencia Fingoi
Na sesión deste mércores, deuse luz verde ao inicio do proceso de contratación da explotación da cafetería Centro de Convivencia de Fingoi, así como o prego das condicións técnicas e de cláusulas administrativas particulares e a adxudicación por procedemento aberto.

O anuncio de licitación publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo así como no Perfil do Contratante do Concello. O prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados dende a publicación do anuncio no BOP.

O prazo máximo de duración do contrato é de 2 anos. O canon a pagar polo adxudicatario establécese nun mínimo de 150 euros mensuais, resultando finalmente o canon ofertado á alza polo adxudicatario na súa proposta económica.

O horario de apertura da cafetería será acorde co horario do centro de convivencia, e como mínimo de luns a venres das 08:30 a 14.00 horas e das 16:00 ás 21:00 horas. Dito horario poderá ser ampliado aos sábados pola mañá en horario de 09:30 horas ás 13:30 horas, sempre e cando as instalacións municipais permanezan abertas.

Ademais, entre outros asuntos, acordouse prorrogar o contrato do servizo de prevención alleo nas especialidades técnicas: seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada, así como da vixilancia da saúde asinado coa mercantil Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U. dende o 11 de novembro de 2016 ata o 10 de novembro de 2017, por 4.300 euros.

Noticias relacionadas