Lara Méndez visita as instalacións do novo centro deportivo Be One

Xoves, 03 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez visita as instalacións do novo centro deportivo Be One

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este xoves as instalacións do novo centro deportivo Be One, situado na rúa Cornubia, nas antigas instalacións da discoteca Studio 3. Fíxoo acompañada do director executivo do centro, Roberto Ramos, e do concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, entre outras autoridades.

Lara Méndez subliñou que “é unha gran satisfacción inaugurar estas novas instalacións, coas que se amplía a oferta deportiva e de ocio na nosa cidade, ofrecendo aos cidadáns un ximnasio de última xeración en pleno centro de Lugo”. “O deporte é sinónimo de saúde e, neste senso, todas as iniciativas que fomenten a práctica deportiva contarán co apoio do Concello”, apuntou.

Así mesmo, a rexedora lembrou que “a posta en marcha deste novo centro supón tamén unha magnifica noticia polo que se refire á xeración de postos de traballo, pois, en total, creáronse 27 empregos directos e 7 indirectos; e tamén pola importancia de recuperar un espazo que estaba baleiro e pechado, para mellorar os barrios da nosa cidade e enchelos de vida”.

Multimedia

  • Lara Méndez visita as instalacións do novo centro deportivo Be One

Noticias relacionadas