Lara Méndez supervisa o avance das obras de cobertura e renovación do parque de Augas Férreas

O parque de Augas Férreas será o terceiro parque infantil cuberto da cidade, xunto aos do Pazo de Feiras e a praza Agro do Rolo.

O Concello de Lugo penalizou á empresa encargada da transformación do parque infantil de Augas Férreas polas demoras inxustificadas na execución do contrato.

Venres, 13 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez supervisa o avance das obras de cobertura e renovación do parque de Augas Férreas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisaron o avance das obras de cobertura e renovación do parque infantil de Augas Férreas, “un espazo público de lecer que está pensado para os nenos e nenas da cidade, pero que estou convencida fará as delicias das avoas e avós e de todos os que queiran compartir un intre cos máis pequenos, neste entorno de ocio” destacaba a rexedora.

Os traballos contaron cun orzamento de 166.400€ e incluíron tarefas de acondicionamento tales como a colocación dun novo pavimento na totalidade da área de recreo, traballos de posta a punto en xogos, a retirada e recolocación do valado de aceiro inoxidable, a retirada do bordo perimetral para consecución dunha única cota e reparación da superficie afectada, así como a recolocación e reordenación dos xogos existentes, tendo en conta que se procederá a instalación de dous novos elementos lúdicos. Ademáis da cubrición do parque infantil, mediante a colocación dunha estrutura con pórticos de aceiro e a base de placas de policarbonato translúcidas que protexerá a área de xogos, así como a instalación dun novo rocódromo e un pórtico triplo, co que se aumentará nun terzo a superficie do parque, chegando a case 400 m2 (396.88 m2), dos cales 236 m2 coinciden coa área existente e 160 m2 coa ampliación.

Multimedia

  • Lara Méndez supervisa o avance das obras de cobertura e renovación do parque de Augas Férreas

Noticias relacionadas