Lara Méndez salda un dos retos urbanísticos de Lugo dos últimos 40 anos: adeus ao tapón urbanístico da Avenida da Coruña

A Alcaldesa, xunto ao Concelleiro de Infraestruturas Urbans, achegouse ata as inmediacións este xoves para comprobar o resultado final das obras que o Conclelo acometeu na contorna ao longo dos últimos tres meses

A rexedora destacou a triple vertene das tarefas, coas que Lugo gaña en seguridade, os veciñose veciñas aumentan en calidade e vida, e a cidade avanza cara a ser máis amable e inclusiva

Nos traballos de demolición o Goberno investiu 36.360 euros, tras acometer as expropiacións dos terreos, para as que destinou 60.720 euros

Xoves, 08 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez salda un dos retos urbanísticos de Lugo dos últimos 40 anos: adeus ao tapón urbanístico da Avenida da Coruña

O equipo de Lara Méndez vén de saldar un dos retos urbanísticos de Lugo dos últimos 40 anos, ao eliminar o tapón urbanístico da Avenida da Coruña. Ata as propias inmediacións se achegou a Alcaldesa este xoves, xunto ao Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e unha vintena de veciños e veciñas; para comprobar o resultado final das obras que o Concello acometeu na contorna ao longo dos últimos tres meses.  

Na visita, a rexedora destacou a triple vertente destas accións, coas que Lugo gaña en seguridade, e ademais nunha das vías máis transitadas de Galicia, tanto no que se refire ao tráfico rodado como persoas viandantes, como é a Avenida da Coruña; os veciños e veciñas aumentan en calidade de vida e a cidade avanza cara a ser máis amable e inclusiva; é dicir, cara a ese novo modelo de urbanismo e de cidade para o que traballo o Goberno, recuperando espazos públicos para o seu uso público. 

Nos traballos, tanto de demolición como de urbanización de beirarrúa, o Goberno investiu 36.360 euros, tras acometer as expropiacións dos terreos necesarios para levar a cabo estas tarefas, que afectaron a 172 metros cadrados de superficie fóra de aliñación (3 parcelas de 16 propietarios e indenmización pola extinción dun valo publicitario a Acrobasing SL), cun importe económico de 60.720,35€. Cúmprese deste xeito outra demanda veciñal.

Audio

Multimedia

  • Lara Méndez salda un dos retos urbanísticos de Lugo dos últimos 40 anos: adeus ao tapón urbanístico da Avenida da Coruña

Noticias relacionadas