Lara Méndez e José Ramón Besteiro recorren as zonas do casco histórico que o Concello peonalizará con fondos Next Generation

A alcaldesa, acompañada de Isabel Rodríguez, mantivo un encontro este luns co novo delegado do Goberno en Galicia, na súa primeira visita inistitucional ao municipio.

Trala recepción no Concello realizar un percorrido polas rúas da cidade nas que, nos vindeiros días, comezarán as obras de peonalización dentro do proxecto ‘Corazón Verde’.

Luns, 17 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e José Ramón Besteiro recorren as zonas do casco histórico que o Concello peonalizará con fondos Next Generation

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro este luns co novo delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, na súa primeira visita institucional ao municipio. A rexedora, acompañada subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez, recibiu na Casa Consistorial a Besteiro, quen asinou no libro de ouro do Concello.

A continuación, realizaron un percorrido polo casco histórico, onde supervisaron as rúas e zonas da cidade nas que nos vindeiros días comezarán as obras de peonalización, dentro do proxecto ‘Corazón Verde’ que permitirá convertir o recinto amurallado na primeira Zona de Baixas Emisións (ZBE) da cidade. Estes traballos levaranse a cabo a través dos fondos Next Generation, enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno Central.

A alcaldesa subliñou que “hoxe é un día importante para Lugo, porque recibimos a primeira visita institucional do novo delegado do Goberno en Galicia. Quero trasladarlle públicamente, como xa fixen de maneira persoal, toda a sorte nesta nova etapa que inicia, convencida do seu bo facer e de que fará un bo traballo na defensa das e dos galegos e, polo tanto, na defensa dos intereses das e dos lucenses”.

Así, mesmo Lara Méndez agradeceu que “teña escollido, como primera visita institucional aos Concellos, á nosa cidade, a súa cidade, onde estamos convencidos de que fará un bo traballo, sendo ese altavoz das nosas necesidades en Madrid, pero tamén en esa outra doble dirección de traer inversións e seguir apostando polo desenvolvemento do territorio galego e polo tanto do lucense”.

“Estamos nun momento no que o Goberno Central está a facer unha importante inversión na nosa cidade, a través dos propios fondos estruturais e, agora, a través dos fondos Next Generation, que nos permiten avanzar dun xeito máis rápido, porque cando un ten os proxectos e a folla de ruta, o que require é de recursos, e cando ten recursos evidentemente a evolución e o avance é moito máis fluído e máis rápido, que é o que hoxe ven a visibilizar tamén de primeira man o novo delegado do Goberno en Galicia, esas actuacións que estamos facendo e imos facer dentro dos fondos de recuperación Next Generation”, apuntou a rexedora, quen engadiu que “temos un modelo de cidade claro e definido dende fai oito anos, no que os fondos estruturais son moi importantes para este desenvolvemento; estas aportacións fan que vaiamos moito máis rápido e que incluso sitúen moito máis á vangarda o noso modelo de cidade”.

Neste senxo, Méndez lembrou que “recibíamos estes días, da man da ministra de Ciencia e Innovación, ese recoñecemento a Lugo como Cidade da Ciencia e da Innovación; isto é gracias a estes proxectos pioneiros e innovadores que estamos a desenvolver, ese modelo claro e decidido na loita contra o cambio climático, unha necesidade imperiosa; nós, antes de empezar a falar dos ODS, xa viñamos levando a cabo políticas deste tipo e o que necesitamos é o respaldo e os recursos procedentes do Goberno Central para avanzar neste modelo de cidade e, polo tanto, ser unha cidade máis xusta socialmente e tamén dende o punto de vista ambiental, o que é fundamental para poder deixar un mellor legado aos que veñan detrás de nós”.

“Hoxe para Lugo, para min tamén persoalmente, é unha satisfacción recibir na súa casa, no seu concello, ao delegado do goberno en Galicia e ademais estou convencida de que a súa experiencia, o seu bagaxe e a súa vocación de servicio público se notarán e deixarán a súa impronta en Lugo e en Galicia”, concluíu a alcaldesa.

Audios

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a visita do Delegado do Goberno de Galicia | Descargar mp3
  • O novo delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, sobre á visita institucional a Lugo | Descargar mp3

Noticias relacionadas