Lara Méndez demanda, xunto coas asociacións empresariais dos polígonos, a conexión do Parque Industrial das Gándaras coa A6

A alcaldesa de Lugo supervisou esta mañá, xunto ao presidente galego, o avance que segue a urbanización da III fase deste Polígono.

Durante a visita quedou evidenciada a necesidade de que a Xunta acometa con apremio a mellora da conectividade viaria, “clave para a competitividade do municipio, nun momento transcendental para a súa recuperación económica”.

Luns, 12 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez demanda, xunto coas asociacións empresariais dos polígonos, a conexión do Parque Industrial das Gándaras coa A6

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, supervisou esta mañá, xunto ao presidente galego, Alfonso Rueda, o avance que segue a urbanización da III fase do Parque Industrial das Gándaras.

A rexedora lucense, dando traslado tamén á demanda das asociacións empresarias dos Polígonos, entende que a Xunta de Galicia debe executar con apremio o procedemento para executar o enlace de conexión entre o Parque das Gándaras e a Autovía A6.

“Falamos dunha infraestrutura que é clave para a competitividade do municipio e que, de forma reiterada, lle vimos reclamando á Xunta mesmo a través da Mesa pola Diversificación Industrial que o ano pasado puxo en marcha o Concello e na que conflúen os diferentes axentes sociais da cidade, cun consenso unánime ao respecto da importancia que tería esta dotación”, afirmou Lara Méndez.

“Non podemos esquecer que nos atopamos nun momento transcendental para a recuperación económica dos territorios, no que factores como garantir a conectividade viaria resultan fundamentais para posibilitar a implantación e a consolidación empresarial e, polo tanto, o noso crecemento. E eu, como alcaldesa, non quero que Lugo perda este tipo de oportunidades, especialmente cando dende a Administración local estamos a impulsar a captación de investimentos a través da Estratexia Lugo Transforma, para que novos negocios e compañías se asenten na capital e poidan crear emprego estable e de calidade para os nosos veciños e veciñas”, engadiu a rexedora.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o enlace e a conexión das Gándaras coa A6 | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez demanda, xunto coas asociacións empresariais dos polígonos, a conexión do Parque Industrial das Gándaras coa A6

Noticias relacionadas