- Tema
Domingo, 27 de xuño de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta semana no Concello á directiva da Federación de Mulleres Rurais, así como ás representantes das asociacións que integra, para poñer en común cuestións relativas á proxección da muller no ámbito rural co obxectivo “de impulsar o protagonismo feminino neste eido e fomentar, así, a igualdade”, sinalou Méndez.
A rexedora, que foi unha das fundadoras da entidade, aproveitou a xuntanza para darlle a benvida como presidenta de FADEMUR a Verónica Marcos Arrojo, á que lle desexou “moita sorte e acerto á fronte da Federación, para continuar con éxito o labor iniciado polas súas predecesoras na loita, que nos une a todas, contra a dependencia e a discriminación feminina no rural”, afirmou Lara Méndez.