O obxectivo de ‘Correndo polo rural’, que incluirá diversas categorías, é trasladar a oferta deportiva ás parroquias para un maior coñecemento das mesmas.
Os concelleiros Miguel Fernández e Mauricio Repetto destacan esta iniciativa pioneira, “á que lle daremos continuidade”.
As inscricións serán de balde e deberán desenvolverse na web https://ccnorte.com/
- Tema

O executivo de Lara Méndez quere achegar o deporte ao rural e ao mesmo tempo, quere dar visibilidade a beleza das parroquias desenvolvendo accións vinculadas á vida saudable. Para iso, convoca a I carreira popular ‘Correndo polo rural’, que se celebrará o vindeiro, sábado, 15 de abril, en Santa María de Coeses.
Coordinada polas concellería de Medio Rural e Deportes, os edís responsables Miguel Fernández e Mauricio Repetto presentaron a carreira esta mañá acompañados dunha representación da veciñanza desta parroquia. “Queremos trasladar este tipo de ofertas lúdicas e deportivas ás zonas naturais da contorna de Lugo facendo partícipes ás parroquias, e que a cidadanía goce tamén de todos os beneficios e servizos do rural”, sostiveron, destacando que esta será a primeira carreira, “á que lle daremos continuidade”.
A carreira é unha proba pedestre semellante ao estilo das do circuíto Corre con Nós, na que se disputarán varias carreiras para as categorías menores e unha para a categoría absoluta. As probas se desenvolverán en percorridos circulares que partiran ao carón da Igrexa.
As inscricións, que de balde para todos e todas aquelas persoas que se animen a participar, deberán realizarse a través da web https://ccnorte.com/, onde estará reflectida toda a información de horarios, percorridos e regulamentación relativa ás distintas distancias.
Os horarios de recollida de dorsais, categorías e distancias son:
- 15:00 horas a 16:45 hiras, entrega de dorsais para todos os inscritos no Local Social de Coeses a carón da saída.
- 17:00 h Categoría Mini (2016-2017-2018): distancia de 400 metros.
- 17:10 h Categoría sub 10 (2014-2015) sub 12 (2012-2013) : distancia de 1.500 metros.
- 17:20 h Categoría Sub 14 ( 2010-2011) sub 16 (2008-2009) :distancia de 2.100 metros.
- 17:30 h Categoría Adultos 5.600 metros.
Ao finalizar as probas terá lugar a cerimonia de entrega de trofeos e medallas para as categorías menores, absolutas e veteranas que, darán paso a unha merenda para todos e todas as participantes.
Información e inscricións:
https://ccnorte.com/evento/detalle/dp/1/id/2538/coeses-correndo-polo-rural