Lara Méndez acompañada de Julio Casal, membro fundador de CorBi Foundation presentan “Encontro de Mulleres Científicas. Cómo conseguir motivar vocaciones científicas e reter talento”

Á presentacion do encontro tamén acudiron  María D. Mayán, Investigadora Xefa de Grupo no instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e Laura Sánchez Piñón, Catedrática de Xenética da USC.

María D. Mayán recalcou que o “Encontro de Mulleres Científicas” está aberto ó publico en xeral e animou ós veciños e veciñas de Lugo.

Laura Sánchez Piñón, Catedrática de Xenética da USC afirmou que ten moito mérito poder levar a cabo un encontro desta índole en Lugo.

Luns, 09 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez acompañada de Julio Casal, membro fundador de CorBi Foundation presentan “Encontro de Mulleres Científicas. Cómo conseguir motivar vocaciones científicas e reter talento”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de Julio Casal, membro fundador de CorBi Foundation, María D. Mayán, Investigadora Xefa de Grupo no instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e Laura Sánchez Piñón, Catedrática de Xenética da USC presentan ‘Encontro de Mulleres Científicas. Cómo conseguir motivar vocaciones científicas e reter talento’ que terá lugar o próximo mércores no Vello Cárcere de 10.30h a 13.30h e de 16.30h a 19.30h e estará aberto ao público en xeral.

A rexedora destacou a importancia deste encontro e que “A igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos – social, laboral, sexual - é un obxectivo no que o Goberno de Lugo traballa de maneira transversal dende todas as áreas municipais, porque cremos que é fundamental e imprescindible para unha sociedade realmente democrática”.

Julio Casal, membro fundador de CorBi Foundation agradeceu “A colaboración do Concello de Lugo, da alcaldesa para poder levar a celebración deste Corbi Summit’ .

Audio

Noticias relacionadas