Infraestruturas mellora a drenaxe de augas pluviais no barrio de Galegos

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o inicio dos traballos

O Tenente de Alcalde lembrou a “importancia das solicitudes das veciñas e veciños á hora de planificar as actuacións nos distintos barrios”

Xoves, 19 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas mellora a drenaxe de augas pluviais no barrio de Galegos

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron os traballos mellora da drenaxe de augas pluviais nas vías públicas que se están a realizar en Galegos. Rubén Arroxo informou que “continuamos a realizar actuacións neste barrio seguindo co plan de traballo que comezamos no pasado ano”.

A concellería de Infraestruturas acondicionará a drenaxe de 7 puntos nas rúas Ripanzo, Espadela e Galegos. “Con esta intervención pretendemos solucionar unha solicitude que a veciñanza da contorna nos fixo chegar, mellorando desta maneira a súa calidade de vida”, afirmou Rubén Arroxo.

O Tenente de Alcalde agradeceu as solicitudes que as veciñas e veciños transmiten ás distintas áreas dependentes da Tenencia de Alcaldía, especialmente na planificación de traballos da Concellería de Infraestruturas. “As veciñas e veciños son quen as coñecen de primeira man as necesidades que precisa cada zona do Concello”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “iso, xunto coas visitas que realizamos aos distintos barrios, sérvennos para planificar a execución dos distintos traballos da concellería de Infraestruturas”.

Audio

  • O edil de Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o drenaxe en Galegos | Descargar mp3

Noticias relacionadas