Fingoi tomará a palabra nos Orzamentos Participativos o 21 de agosto

Será a partir das 20:00 horas, no centro de convivencia. Alí a cidadadanía poderá enterarse do procedemento desta ferramenta de participación cidadadá para logo decidir o destino dun total de 350.000 euros con cargo ao presuposto deste 2018.

Ata o 9 de setembro pódense facer achegas a este proceso, a través de loop.lugo.gal ou no Rexistro Xeral

Venres, 10 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Tras a xuntanza celebrada este mércores no Sagrado Corazón, o Goberno de Lugo xa ten data para a seguinte reunión para implicar aos veciños e veciñas na elaboración dos Orzamentos Participativos. Será na contorna de Fingoi, concretamente no centro de convivencia, o martes, 21 de agosto, a partir das 20:00 horas. Alí os lugueses e luguesas poderán enterarse do procedemento desta ferramenta de participación cidadadá para logo decidir o destino dun total de 350.000 euros con cargo ao presuposto deste 2018.

Con este proceso, o Goberno de Lugo fomenta a participación veciñal, promove que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e que se convirta en protagonista activa do que pasa no seu municipio e mellora a comunicación entre o Concello e a veciñanza.

Estas xuntanzas forman parte da primeira fase dos orzamentos participativos, a recollida de propostas de diferentes investimentos de ata 15.000 euros, que estará aberta ata o 9 de setembro. Ademais das reunións, os veciños e veciñas poden facer chegar as súas ideas a través da web loop.lugo.gal ou ben no Rexistro Xeral do Concello. Nesta fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballos.

Máis información en https://loop.lugo.gal/

Audio

  • Lara Méndez sobre a xuntanza en Fingoi dos Orzamentos Participativos do 21 de agosto| Descargar mp3

Noticias relacionadas