- Tema
Luns, 15 de xaneiro de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa

Unha trintena de estudantes e profesores da rama de Administración do Instituto de Educación Secundaria (IES) Perdouro de Burela desprazáronse este luns a Lugo para coñecer as instalacións e funcionamento do CEI Nodus, unha iniciativa impulsada pola entidade municipal para a promoción económica da cidade e apoiar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais que aporten innovación e valor engadido ao tecido económico. O grupo de estudantes e docentes foron recibidos pola Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto.