A Subdelegación do Goberno convocou este acto para lembrar as persoas falecidas a consecuencia do choque de dous trens en Adamuz.
Luns, 19 de xaneiro de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

Representantes dos tres grupos que integran a Corporación Local do Concello de Lugo sumáronse á convocatoria realizada pola Subdelegación do Goberno de Lugo, en memoria das víctimas no accidente ferroviario ocorrido na tarde de onte en Córdoba, no que, polo de agora, perderon a vida 39 persoas e máis dun centenar resultaron feridas. Os concelleiros e concelleiras da Corporación amosaron así a súa solidariedade coas familias das víctimas e das persoas feridas neste terrible suceso.

