Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación local súmase ao minuto de silencio en memoria das víctimas do accidente ferroviario ocorrido na tarde de onte en Córdoba

A Corporación local súmase ao minuto de silencio en memoria das víctimas do accidente ferroviario ocorrido na tarde de onte en Córdoba

A Subdelegación do Goberno convocou este acto para lembrar as persoas falecidas a consecuencia do choque de dous trens en Adamuz.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Luns, 19 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación local súmase ao minuto de silencio en memoria das víctimas do accidente ferroviario ocorrido na tarde de onte en Córdoba

Representantes dos tres grupos que integran a Corporación Local do Concello de Lugo sumáronse á convocatoria realizada pola Subdelegación do Goberno de Lugo, en memoria das víctimas no accidente ferroviario ocorrido na tarde de onte en Córdoba, no que, polo de agora, perderon a vida 39 persoas e máis dun centenar resultaron feridas. Os concelleiros e concelleiras da Corporación amosaron así a súa solidariedade coas familias das víctimas e das persoas feridas neste terrible suceso.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-local-sumase-ao-minuto-de-silencio-en-memoria-das-victimas-do-accidente