Contratada, por 1ª vez de forma conxunta, toda a subministración eléctrica municipal, coa que o Concello mellorará a eficiencia

Así, grazas a este contrato, a entidade local pasará de recibir centos de minutas a unha vintena, o que mellorará e fará máis áxil o control das mesmas, ademais reducir os tempos de pago

Na sesión deste mércores, tamén se aprobou a concesión ao SERGAS da licenza de obra para a construción do centro de saúde da Residencia, cun orzamento de 8,3 millóns de euros e un prazo de execución de 36 meses

Xoves, 23 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores acordou adxudicar a Nexus Energía S.A. a contratación conxunta, por primeira vez na historia do Concello, de toda a subministración eléctrica nos inmobles municipais e espazos públicos, o que mellorará substancialmente a eficiencia do servizo. Trátase da contratación tanto de media como de baixa tensión, por un orzamento de 2.542.766 euros o primeiro dos lotes, e de 3.217.702 euros o segundo dos lotes.

A empresa adxudicataria remitirá mensualmente ao Concello unha única factura por cada agrupador, correspondente aos consumos realizados durante o mes precedente. Os agrupadores son os seguintes: no caso da media tensión, cada un dos nove puntos de subministro, e na de baixa tensión, dependencias, colexios, deportes, servizos sociais, augas, semáforos, alumeado público urbano e zona rural. Así, grazas a este contrato, o Concello pasará de recibir centos de minutas a unha vintena, o que mellorará e fará máis áxil o control das mesmas, ademais reducir os tempos de pago.

Na sesión deste mércores, tamén se aprobou a concesión ao SERGAS da licenza de obra para a construción do centro de saúde da Residencia, cun orzamento de 8,3 millóns de euros e un prazo de execución de 36 meses.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre as novas obras no alumeado público | Descargar mp3

Noticias relacionadas