Continúa a mellora dos espazos públicos das Gándaras con novas beirarrúas no Camiño da Roca

Rubén Arroxo: "Seguimos traballando na mellora dos espazos públicos das Gándaras, despois de mellorar a seguridade viaria e realizar diversas intervencións nos últimos anos"

Realizouse unha intervención baseada en formigón impreso

Domingo, 24 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa a mellora dos espazos públicos das Gándaras con novas beirarrúas no Camiño da Roca

O Tenente Alcalde do concello de Lugo, Rubén Arroxo, visitou o Camiño da Roca, no barrio das Gándaras, onde a Tenencia de Alcaldía está a renovar as beirarrúas. Arroxo explicou que "desde a Tenencia de Alcaldía seguimos traballando ma mellora dos espazos públicos, planificando diversas intervencións base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza".

Rubén Arroxo  explicou que os traballos consistirán namellora da accesibilidade das e dos veciños, renovando dun tramo de beirarrúa, dunha lonxitude de 108m, e dun ancho de 3m, ademáis da conexión entre as dúas beirarrúas paralelas, nunha rampla de 4m de ancho. Os traballos realizados foron a demolición das baldosas antigas e a instalación dunha capa de formigón ruleteado, reforzado con fibras estruturais, cun espesor de 15 centímetros.

A Tenencia de Alcaldía planifica a realización destas intervencións nos meses de verán, aproveitando as condicións climáticas favorables desta época do ano, xa que o bo tempo é esencial para garantir a calidade do asfaltado, garantindo que a solución aplicada dure o máximo tempo posible en bo estado. Penas destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía coa mellora das rúas da cidade.

Multimedia

  • Continúa a mellora dos espazos públicos das Gándaras con novas beirarrúas no Camiño da Roca

Noticias relacionadas