Continúa a mellora das instalacións do Parque Infantil de Tráfico coa renovación dos semáforos

Nas últimas semanas, máis de 400 estudantes pasaron polas instalacións do PIT para recibir formación en seguridade viaria.

Iria Buide "seguimos a traballar para facer do Parque Infantil de Tráfico unha instalación de referencia na formación viaria a estudantes".

Martes, 03 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa a mellora das instalacións do Parque Infantil de Tráfico coa renovación dos semáforos

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitaron as instalacións do Parque Infantil de Tráfico ubicado no Parque da Milagrosa, que nas últimas semanas recibiu a visita de máis de 400 estudantes de distintos centro de Lugo que realizaron cursos de educación viaria. A edi de Educación, Iria Buide, destacou que a Tenencia de Alcaldía continúa a traballar para mellorar estas instalacións e anunciou a renovación dos semáforos da instalación, o que permitirá, segundo declarou Buide, "auemntar as situacións que as nenas e nenos visitantes poden simular neste entorno seguro".

"Coa posta en marcha destes cursos recuperamos o funcionamento do PIT e traballamos na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", afirmou Buide, que destacou a importancia desta formación "que se oferta a todos os centros de ensino que o desexen, traendo ao PIT ao maior número de estudantes posible"

O Goberno de Lugo realizou este ano unha "mellora estética" da instalación, renovando a sinalización da pista, "o que permitirá unha boa calidade das actividades que xa están calendariazas ata final de curso", explicou Buide, quen engadiu "realizamos un importante esforzo para garantir que o PIT sexa unha instalación de referencia á hora de achegar formación en seguridade viaria e mobilidade ás persoas máis novas".

A Tenencia de Acaldía e a DXT traballan en conxunto para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino".

Audio

  • A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, sobre os semáforos do PIT | Descargar mp3

Multimedia

  • Continúa a mellora das instalacións do Parque Infantil de Tráfico coa renovación dos semáforos

Noticias relacionadas