Continúa aberto o prazo de inscrición para a escola de iniciación ao teatro circense

Luns, 25 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias, mantén aberto ata o vindeiro 29 de xaneiro o prazo de inscrición para participar na escola de iniciación ao teatro circense.

O número de prazas ofertadas é de 15 por grupo, divididos segundo as idades:

- Grupo de 13 a 17 anos ( os venres de 19.15 a 21.15 horas)
- Grupo de 18 a 30 anos (os sábados de 9.30 a 11.30 horas)

As clases serán impartidas no Local Social Díaz de Castro de maneira gratuíta.

Os interesados en participar pódense informar a través do teléfono de atención á cidadanía 010.

Noticias relacionadas