Constituída unha mesa de traballo dos LIFE impulsados polo goberno de Lara Méndez, a Junta de Extremadura e a Universidade sobre urbanismo sostible

A alcaldesa sostivo que o seu fin é “crear sinerxias entre os proxectos que buscan a creación das cidades sostible e loitan contra o cambio climático”

Mércores, 18 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Constituída unha mesa de traballo dos LIFE impulsados polo goberno de Lara Méndez, a Junta de Extremadura e a Universidade sobre urbanismo sostible

O goberno de Lara Méndez, recibiu este mércores a integrantes dos proxectos LIFE ReNatural NZEB, desenvolvido pola Junta de Extremadura, e LIFE EcoTimberCell, da Universidade de Lugo, cos que hoxe constituíse unha mesa traballo conxunta co LIFE Lugo Biodinámico.

O obxectivo é crear entre os proxectos LIFE sinerxias, intercambios de experiencias e coñecementos que permitan “que avancemos entre todos no deseño do urbanismo sostible, na construción das cidades máis ecolóxicas e na loita contra o cambio climático”, segundo sostivo a rexedora.

A media maña convocouse unha recepción institucional para medios de comunicacion, onde a alcaldesa de Lugo aproveitou para agradecer “O esforzo que os integrantes dos LIFE ReNatural NZEB e LIFE EcoTimberCell fixeron para poder realizar esta xornada de traballo co fin de buscar colaboracións e sinerxias entre proxectos LIFE que sin lugar a dubidas será beneficiosa tanto para o futuro das nosas cidades e na loita contra o cambio climático”

Acto seguido constituíuse a mesa de traballo na Sala de Usos Múltiples no centro de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo a mesa estivo presidida por Lara Méndez, e acompañada dos concelleiros de urbanismo, Miguel Couto e Medio Ambiente Alvaro Santos, os integrantes da mesa foron Manuel Guaita, Catedrático da USC e responsable do LIFE EcoTimberCell, Belén Feijóo técnica de Pemade, José Alonso técnico de Avento,  Benigno Jáuregui gerente Evislusa, Susana Penedo arquitecta do Concello de Lugo e Boris Hinojo xerente do Proxecto Life Lugo.

LIFE Renatural NZEB é un proxecto LIFE de Medio Ambiente liderado pola Junta de Extremadura cuxo obxectivo principal é desenvolver Edificios de Consumo de Enerxía Case Nulo con baixa pegada de carbono, utilizando produtos naturais e reciclados.

LIFE EcoTimberCell é un proxecto LIFE de mitigación de Cambio Climático liderado pola Platafoma de Enxeñería da Madeira Estrutural da Universidade de Santiago de Compostela, o cal pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a través dunha solución innovadora construtiva.

LIFE Lugo+ Biodinámico é un proxecto do programa LIFE da UE que ten como obxectivo global poñer en práctica na cidade de Lugo unha estratexia innovadora de planificación urbana para lograr tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do Cambio Climático e mellorar a vida dos ecosistemas terrestres, de acordo cos obxectivos de Desenvolvemento Sustentable destacando, entre outros á mellora e creación da infraestrutura verde e azul da cidade de Lugo, completando o cinto verde da cidade na súa área norte, tamén a planificación estratéxica dun novo desenvolvemento urbano sustentable como exemplo demostrativo de resiliencia das cidades fronte ao Cambio Climático que potencie os valores naturais do municipio e a súa contorna  sin olvidar en sensibilizar á poboación, poñendo en valor a importancia dos ecosistemas do municipio.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre a mesa de traballo | Descargar mp3

Noticias relacionadas