
O edil de deportes, Mauricio Repetto, asistiu á presentación do torneo Galicia Head Tour, un circuíto xuvenil organizado pola Federación Galega de Tenis, que se disputará nas categorías de Alevín, Infantil, Cadete e Junior masculino e feminino, cunha alta porcentaxe de inscrición de tenistas lucenses.
O torneo no que colabora o Concello de Lugo, está organizado pola Federación Galega de Tenis, o Centro Deportivo D10 e o Club de Tenis de As Termas, terá lugar do 28 de xaneiro ao 20 de febreiro nas Pistas de Tenis Municipais de Frigsa e nas pistas do Centro Deportivo D10.
Ao acto de presentación asistiron o xerente do Centro Deportivo D10, Leovigildo Real Guerreiro e o presidente do Club de Tenis As Termas, Jose Andrés Pereiro. O edil apuntaba que “promover pautas de vida saudable entre a poboación, especialmente na mocidade é un dos obxectivos da concellería”, ao tempo que destacou que o tenis é unha das modalidades deportivas que conta con máis afeccionados na nosa cidade.