Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Xuventude e Deportes colabora no torneo Galicia Head Tour, no que participarán 539 tenistas individuais e 31 parellas

A Concellería de Xuventude e Deportes colabora no torneo Galicia Head Tour, no que participarán 539 tenistas individuais e 31 parellas

  • Tema
    • Benestar social,
    • Programación cultural,
    • Deportes
Mércores, 26 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Xuventude e Deportes colabora no torneo Galicia Head Tour, no que participarán 539 tenistas individuais e 31 parellas

O edil de deportes, Mauricio Repetto, asistiu á presentación do torneo Galicia Head Tour, un circuíto xuvenil organizado pola Federación Galega de Tenis, que se disputará nas categorías de Alevín, Infantil, Cadete e Junior masculino e feminino, cunha alta porcentaxe de inscrición de tenistas lucenses.

O torneo no que colabora o Concello de Lugo, está organizado pola Federación Galega de Tenis, o Centro Deportivo D10 e o Club de Tenis de As Termas, terá lugar do 28 de xaneiro ao 20 de febreiro nas Pistas de Tenis Municipais de Frigsa e nas pistas do Centro Deportivo D10.

Ao acto de presentación asistiron o xerente do Centro Deportivo D10, Leovigildo Real Guerreiro e o presidente do Club de Tenis As Termas, Jose Andrés Pereiro. O edil apuntaba que “promover pautas de vida saudable entre a poboación, especialmente na mocidade é un dos obxectivos da concellería”, ao tempo que destacou que o tenis é unha das modalidades deportivas que conta con máis afeccionados na nosa cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-xuventude-e-deportes-colabora-no-torneo-galicia-head-tour-no-que-participaran