
A andaina, cun itinerario circular de 4,9km., terá lugar mañá, sábado 16 de outubro, ás 11:30 horas, dende ao carón da Igrexa de Santalla de Bóveda.
A Concelleira de Muller e Igualdade anima a participar na andaina polo Vello Lugo Agrario para celebrar o Día Mundial da Muller Rural, que se conmemora cada ano o 15 de outubro co obxectivo de recoñecer á muller rural pola súa contribución no desenvolvemento rural e agrícola, a erradicación da pobreza e a mellora na seguridade alimentaria, “unha data moi importante para enxalzar o papel imprescindible das mulleres rurais no desenvolvemento social e económico do noso territorio”, sinalaba Silvia Alonso.
Andaina polo Vello Lugo Agrario:
Contará cun itinerario circular de 4,9km. de dificultade baixa que transcorre por unha paisaxe agraria moi viva. Terá lugar o sábado 16 de outubro ás 11:30 horas. O punto de encontro será ao carón da Igrexa de Santalla de Bóveda e a participación é aberta e gratuíta. Ao rematar esta ruta, que encabezarán a Asociación de Mulleres A Casiña de Esperante e FADEMUR, haberá un aperitivo saudable.
Audio
- A Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, sobre o Día Mundial da Muller Rural | Descargar mp3