A concellería de Medio Rural acondiciona o palco da festa na parroquia de Santalla de Bóveda, unha demanda veciñal

Xoves, 05 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Rural acondiciona o palco da festa na parroquia de Santalla de Bóveda, unha demanda veciñal

O tenente de alcaldesa e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, visitou esta mañá o palco da festa situado na parroquia de Santalla de Bóveda, no que o Concello ven de realizar o seu acondicionamento, dentro do contrato de mantemento, conservación, reparación de instalacións, infraestruturas e construcións rurais.

O edil apuntou que o deterioro que presentaba o palco da festa é “froito do paso do tempo” e de maneira especial, “da climatoloxía e do envellecemento dalgúns dos seus materiais”. Este proceso para o cal o goberno municipal destinou unha partida de 21.175 euros, responde ás peticións veciñais xa que "o palco da festa na parroquia de Santalla de Bóveda é e un lugar de encontro moi importante para a veciñanza, onde se socializa e se fai moita vida de lecer”.

As actuacións consistiron na reconstrución dos muros e soleiras, no recintado da pedra de cantería existente na base do palco, na colocación de piares de pedra de cantería na fachada, na instalación dunha estrutura de madeira, a montaxe dunha cuberta de lousa e o enfoscado e pintado de todos os parámentos interiores e exteriores.

Noticias relacionadas