A Concellería de Medio Ambiente procede a reparar a fuga de auga en San Lázaro, que obrigou a cortar o tráfico e o subministro de auga

Para poder levar a cabo a reparación precisouse facer un corte urxente de tráfico e subministro de auga dende as 15.00h

Ás 18.00h a obra de reparación estaba finalizada

Luns, 12 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Medio Ambiente procede a reparar a fuga de auga en San Lázaro, que obrigou a cortar o tráfico e o subministro de auga

Álvaro Santos, concelleiro da área de Medio Ambiente, personouse de forma inmediata para comprobar a gravidade do asunto na zona afectada por unha fuga a altura da parela peonil sobre o río Miño, ubicada en San Lázaro.

Para poder levar a cabo a reparación a cal finalizou ás 18.00h da mesma tarde do luns precisouse facer un corte total con carácter urxente de tráfico dende as 15.00h para execución de obras de reparación nunha tubaxe na rede municipal de abastecemento.

Os traballos a acometer para a reparación na rede municipal de abastecemento precisaron dun camión e unha escavadora que fai incompatible o tráfico na zona e motiva a necesidade de realizar un corte completo do tráfico executado coa Policía Local durante a duración dos traballos.

Rematada a reparación, cubrirase provisionalmente a zanxa, quedando vallado e sinalizado o perímetro afectado ata que se proceda a reposición do firme na maior brevidade. Para elo, definiuse provisionalmente dous carris de circulación con conos de sinalización, na zona que actualmente se destina a aparcamento en batería. Unha vez que se rematen as actuacións anteriores poderá retirarse sinalización instalada para a realización do corte de tráfico.

Noticias relacionadas