Os traballos, que teñen un prazo de execución de 90 días, afectarán ao treito entre a rúa Xermán Alonso e o número 40 da rúa Chantada.
Farase necesario ocupar a beirarrúa, as prazas de estacionamento e parte do carril de circulación.
A Concellería de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo vén de elaboraro o plan de tráfico para as obras de renovación do colector de saneamento da rúa Chantada, que afectarán ao treito desta rúa comprendido entre o número 40 e a rúa Xermán Alonso.
Debido á natureza das obras, faise necesario ocupar a beirarrúa, as prazas de estacionamento e parte do carril de circulación existente. Para a execución das obras farase preciso cortar o tránsito de vehículos no tramo de vía afectado, dado que o ancho da calzada non permite compatibilizar a execución dos traballos co paso de vehículos. Facilitarase, o acceso e saída aos residentes de Rúa Chantada do tramo non afectado polas obras, por Praza Bispo Odoario en dobre sentido de circulación.
En canto aos accesos aos garaxes, manteranse o maior tempo posible, sempre que as características da obra non o impidan, ben pola tipoloxía dos traballos puntuais que se van realizar ou por exemplo: para a execución de pavimentos coincidentes con entradas e saídas de vehículos onde se requira un tempo de execución e/ou secado, etc. Nestes casos, a empresa indicará claramente, coa suficiente antelación, mediante a disposición de carteis e sinais regulamentarios tanto nos accesos rodados de garaxes como nas portas peonís dos edificios atendidos por estes garaxes, as datas nas que non se poderá acceder ou saír deles.

