A Concelleira de Muller e Servizos Sociais recibe ós participantes no Curso de Intelixencia Emocional

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basdre, recibiu ós participantes do Curso de Intelixencia Emocional que comezou hoxe na nosa cidade e que continuará ata o próximo xoves día 4 de outubro.

Ás xornadas, organizadas pola Dirección Provincial da Tesorería Xeral da Seguridade Social de Lugo, asisten 23 funcionarios de distintas provincias. Os participantes, participaron a continuación nunha visita guiada polos lugares máis emblemáticos da cidade: a Muralla, o Museo Provincial e a Casa dos Mosaicos, entre outros actractivos turísticos de Lugo.

A Concelleira deulles a benvida á cidade e, como recordo da súa visita, entregoulles un pin da Muralla e diverso material informativo e turístico de Lugo.

Noticias relacionadas