A concelleira Ana González Abelleira supervisa o inicio das obras do Plan Único en Meilán

O Concello inviste 120.800 euros no acondicionamento e mellora do firme da estrada que comunica a N-VI coa LU-P-2902 a través do núcleo rural de Guntín.

A brigada municipal e o Parque Móbil completarán esta semana o asfaltado dunha pista no núcleo de Rozas, en Teixeiro.

Xoves, 20 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concelleira Ana González Abelleira supervisa o inicio das obras do Plan Único en Meilán

A edil de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, supervisou o inicio das obras de acondicionamento e mellora do firme da estrada municipal que conecta a N-VI coa estrada provincial LU-P-2902, atravesando o núcleo rural de Guntín, na parroquia de Meilán. Esta intervención, enmarcada no Plan Único da Deputación de Lugo, conta cun investimento de 120.800 euros e permitirá reforzar a seguridade viaria e mellorar a accesibilidade na zona.

"Estamos a mellorar unha vía esencial para os veciños e veciñas, garantindo un acceso máis cómodo e seguro. Este tipo de actuacións contribúen a fixar poboación no rural e a dotar os núcleos de comunicacións en condicións", sinalou González Abelleira.

A intervención inclúe o reforzo do firme con aglomerado en quente e a instalación de nova sinalización, asegurando unha mellor circulación tanto para vehículos como para peóns. "Seguimos comprometidos coas infraestruturas do rural porque entendemos que unha boa rede viaria mellora a calidade de vida e facilita a actividade económica nas parroquias", subliñou a concelleira.

Ademais, dentro das actuacións da brigada municipal e do Parque Móbil, esta semana finalizará o asfaltado dunha pista no núcleo de Rozas, en Teixeiro, reforzando a rede viaria municipal noutra das zonas prioritarias de actuación.

Audio

  • A edil de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, sobre o Plan Único en Meilán | Descargar mp3

Multimedia

  • A concelleira Ana González Abelleira supervisa o inicio das obras do Plan Único en Meilán
  • A concelleira Ana González Abelleira supervisa o inicio das obras do Plan Único en Meilán

Noticias relacionadas