Comunicado sobre a Fábrica da Luz

Xoves, 07 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo non ten coñecemento oficial do auto do TSXG sobre as obras da Fábrica da Luz ao que se refiren as informacións xornalísticas publicadas hoxe.

En calquera caso, o Goberno lembra que, a raíz da denegación da prórroga do prazo de execución das obras por parte da CHMS, o Concello presentou no mes de xullo un recurso contencioso administrativo ante o TSXG, no que solicitou como medida cautelar que o tribunal autorizase a continuidade dos traballos en tanto non ditaba sentenza sobre o devandito recurso, algo que aínda non sucedeu. De feito, este  procedemento xudicial está aínda iniciándose.

Polo tanto, o auto publicado hoxe non resolve a autorización ou non da ampliación do prazo de execución das obras, senón que denega as medidas cautelares solicitadas pola concesionaria no seu recurso, nas que, ao igual que o Concello, pediu a continuidade dos traballos en tanto non se resolvía o proceso xudicial.

En definitiva, a día de hoxe, o TSXG non se pronunciou respecto ao recurso que presentou o Concello e a empresa concesionaria sobre a ampliación do prazo de execución das obras, senón sobre as medidas cautelares solicitadas.

De maneira paralela, o Concello tamén presentará ante a CHMS alegacións ao expediente de caducidade da concesión do caudal para a Fábrica da Luz.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre as obras da Fábrica da Luz| Descargar mp3

Noticias relacionadas