Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 31 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con alcoholemia

Sobre as 15:30 do día 30 de marzo o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Reiseñor xa que se produciu un accidente de circulación.

Os axentes comproban que un turismo ao realizar a manobra para estacionar alcanza a outro vehículo que se atopa estacionado ao que despraza cara adiante e causa danos na parte posterior. A continuación realiza unha manobra de marcha atrás chocando contra a estrutura da terraza dun local de hostalería, causando danos na mesma, para continuar a traxectoria atravesando a rúa ata impactar contra uns contedores de residuos situados na marxe oposta.

O condutor do vehículo presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l, polo que se instrúe atestado polos danos e ábrese expediente sancionador contra o condutor con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. (Adxúntase imaxe)

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 31 de marzo por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo establecéronse dous dispositivos estáticos de control en Camiño Real e República Arxentina, realizando probas de alcoholemia a 51 condutores, detectando un deles que conducía en estado de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,56 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución e procedendo á inmobilización do vehículo.

Así mesmo abríronse expedientes a varios condutores por ITV caducadas, o que supón sanción de 200 euros, outro por acharse de baixa temporal e por carecer de Seguro Obrigatorio de Automóbiles.

Noticias relacionadas