Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 29 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

No día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos da Unidade de Atestados do Corpo e co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, detectando nun filtro establecido na glorieta de conexión do polígono de O Ceao co de As Gándaras un condutor que presentaba signos de acharse baixo os efectos de substancias estupefacientes, sendo sometido ás probas regulamentarias co equipo “drogotest”, lanzando un resultado POSITIVO en THC e COCAÍNA, comprobando ademais que carece de permiso de conducir válido en España e os axentes detectan un forte cheiro a marihuana dentro do vehículo, polo que realizan un rexistro do mesmo achando un gramo desta substancia, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá e intervindo dita substancia.

Pola presenza de drogas no organismo ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e inmobilízase o vehículo.

Durante a madrugada, nos diferentes filtros de seguridade viaria establecidos, detectáronse TRES CONDUTORES cun grao de alcol superior ao regulamentariamente establecido.

O primeiro detectado ás 4:10 horas na rúa San Roque lanzando un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l; o segundo detido ás 5:25 horas na rúa Rei Don García, lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l e o terceiro lanzou un resultado POSITIVO de 0,65 mg/l.

A todos estes condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, procedendo á inmobilización dos vehículos.

Así mesmo no transcurso destes controis detectáronse e denunciaron as seguintes infraccións:

  • 5 condutores denunciados por non usar o cinto de seguridade.
  • 3 condutores denunciados por conducir sen a dilixencia e precaución necesarias.
  • 2 titulares de vehículos denunciados por non presentalo á ITV no prazo debido.
  • 1 condutor de patinete eléctrico denunciado por circular sen iluminación.
  • 1 titular de vehículo denunciado por circular con ITV desfavorable.

Control venda ambulante

Durante a mañá de onte efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo levantaron 8 actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por ocupación de espazo público para a realización de venda ambulante sen autorización, o que supón multas de 600 euros a cada un dos infractores.

Así mesmo levantáronse 2 actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por desobediencia a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, o que supón sancións de ata 30.000 euros para cada un dos infractores.

Noticias relacionadas