Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 23 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia

Durante a madrugada do día 23 de setembro efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos controis de alcoholemia en vías do centro urbano da cidade, detectándose dous condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidas.

O primeiro lanzou un resultado POSITIVO de 0,47 mg/l e o segundo de 0,33 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Así mesmo ás 2:45 horas detéctase a circulación dun patinete eléctrico pola rúa Bispo Basulto, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l, o que supón unha sanción de 500 euros.

No transcurso destes controis detectouse a circulación dun turismo sobre o que pesaba un mandamento de procura, captura e depósito por embargo, sendo trasladado ao Depósito Municipal onde queda precintado.

Recuperación de vehículo roubado

Sobre as 20:00 horas do día 22 de setembro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detecta na rúa Camiño de Friás, no medio da vexetación, unha motocicleta, comprobando a través das bases de datos policiais que se atopaba subtraída, polo que se contacta co seu propietario, participándolle do achado e facéndolle entrega da mesma momentos despois.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 16:00 horas do día 22 de setembro recíbese unha chamada na Sala do 092 na que se informaba que nunha vivenda da rúa Armórica atopábase unha señora de avanzada idade en situación de desamparo. Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode de inmediato ao lugar e coa axuda dun veciño do inmoble accede ao interior da vivenda, atopándose a unha señora de 74 anos que vive soa, con dificultades de movemento, o que lle impide realizar as tarefas básicas do fogar e ir á compra, polo que unha vez auxiliada polos axentes e ao non necesitar asistencia sanitaria, esta situación ponse en coñecemento dos servizos sociais para a prestación da axuda necesaria.

Sobre as 4:10 horas do día 23 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda á Avenida da Coruña xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade atópase totalmente desorientada. Os axentes localizan a un señor de 83 anos que non era capaz de ir ao seu domicilio, manifestando que vive en casa dun fillo e perdeuse, sen lembrar onde se atopa a súa casa, logrando os policías pescudar o domicilio e trasladalo, quedando a cargo do fillo.

Noticias relacionadas