Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 21 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 5:40 horas do día 19 de novembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Miguel de Cervantes xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando os axentes que un vehículo que circulaba pola rúa Montero Ríos perdeu o control do vehículo chocando cun turismo estacionado, resultando ambos con danos de consideración.

Os policías observan que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,70 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntase imaxe).

Así mesmo detectouse a circulación dun ciclomotor, cuxo titular presentaba un permiso que perdeu a súa vixencia, que circulaba carecendo de Seguro Obrigatorio e non presentara o vehículo a ITV no prazo debido. Abríronse tres expedientes propoñéndose sanción de 1.700 euros.

Condutas incívicas

Durante as noites do venres e do sábado, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais camuflados sorprenderon a NOVE rapaces que ouriñaban na vía pública (catro deles contra a fachada da Catedral, e o resto na contorna da Praza do Campo e e zona da Tinería), sendo denunciados por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñendo sancións para cada un deles de ata 900 euros.

Un dos anteriores foi denunciado tamén por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade, sendo remitido o expediente á Subdelegación do Goberno.

Control de establecementos públicos

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron inspeccións nos locais de lecer nocturno, levantando DÚAS actas de denuncia nun establecemento da rúa Galicia por infracción á Lei de Espectáculos de Galicia por incumprimento do horario de peche e exceder o aforo permitido.

Noticias relacionadas