Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 18 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Actividade de aparcacoches

Durante a mañá do luns día 17, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, tras varias chamadas informando da existencia de “gorrillas”nas inmediacións do HULA, localizaron a catro individuos que, transitando pola calzada, indicaban aos condutores os espazos libres para estacionar, co risco que conleva a ocupación da calzada por parte dos peóns.

Devanditos suxeitos foron identificados e denunciados polos feitos, sendo requiridos para cesar na actividade descrita. Un deles tamén foi denunciado por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por desobediencia aos axentes da autoridade, xa que inicialmente fixo caso omiso ás ordes dos policías e continuou transitando pola calzada entre os vehículos, aínda que finalmente ausentouse do lugar.

Molestias por ruídos

Durante a tarde do mesmo día, os axentes trasladáronse a unha vivenda da rúa Pena do Rei, onde os veciños queixáronse porque uns cans ladraban sen cesar. Unha vez no lugar, os axentes comproban a veracidade da información, xa que, polo menos dous cans, ladraban continuamente tras a porta de entrada da vivenda, sen que ninguén respondese ás chamadas dos policías, que puxeron os feitos en coñecemento do administrador da comunidade de propietarios para que tomase coñecemento dos feitos e tentase darlles solución.

Xa en horas da noite, a Sala do 092 recibiu requirimento por unha festa nun piso da rúa Milagrosa, polo que se comisionou no lugar unha patrulla de Policía de Barrio, cuxos compoñentes comprobaron que se escoitaba música desde o exterior, contactando logo cos residentes no inmoble, aos que advertiron das molestias que estaban a causar, cesando de inmediato nas mesmas.

Filtro seguridade viaria

Durante a tarde do luns, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio e da Unidade de Atestados, realizaron varios filtrosde seguridade viaria na cidade, localizando e denunciando a un vehículo que circulaba sen ser sometido á inspección técnica regulamentaria no prazo debido, outro automóbil cuxo condutor manexaba o mesmo co permiso de conducir caducado (o que levou á súa intervención), e un vehículo que circulaba cunha reforma de importancia sen autorizar, xa que portaba un tubo de escape sen homologar.

Nos filtrostamén se practicaron probas de alcoholemia e drogas a varios condutores, todos os cales lanzaron resultados negativos.

Vandalismo

Durante a noite do luns ao martes, unha patrulla de Policía de Barrio observa como dous mozos, ao observar a presenza policial, emprenden a fuxida pola rúa Villalba. Os policías conseguen darlles alcance e identificalos, podendo saber finalmente que descolocaran do seu lugar varias plantas dun hotel próximo, as cales repuxeron de inmediato.

Auxilio á cidadanía

Durante a mesma noite, os axentes tamén prestaron auxilio a un home que se atopaba na vía pública, na confluencia das rúas Xosé Castiñeira e Rolda Mercedes, aparentemente desorientado; podendo comprobar que non necesitaba axuda policial nin sanitaria.

Requirimento por presuntos malos tratos

Na mesma noite, varios indicativos trasladáronse a unha vivenda na que, segundo unha chamada, unha moza choraba desconsolada, aínda que non se entendía o que dicía. Unha vez no lugar, os axentes comproban que se trata de tres rapaces que conviven e que un deles recibira unha mala noticia desde o seu país de orixe, o que a levaba ao pranto, polo que os policías deron o servizo por finalizado.

Noticias relacionadas