Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados da fin de semana do 10 ao 12 de febreiro.

Luns, 13 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Subtracción de gasoil

Sobre as 21:30 horas do día 10 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Hortensia, xa que unha persoa que porta unha mangueira camiña en actitude vixiante.

Os axentes trasládanse ao lugar co fin de localizar a esta persoa, achándoa escondida, tombada á beira dun vehículo, sendo identificada, tratándose dun home de 70 anos de idade, que porta unhas luvas que xunto coa roupa que levaba desprendían un forte cheiro a combustible. Realízase unha inspección polas inmediacións, observando un camión que presenta o tapón do gasoil forzado e ao seu ao redor varias garrafas baleiras, mangueiras, ferramentas e combustible na calzada.

A preguntas dos axentes sobre a súa actitude, esta persoa non dá ningunha explicación coherente, polo que se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda como presunto autor dun delito de danos e intento de subtracción de gasoil, intervindo as garrafas, as gomas de plástico e as ferramentas para levar a cabo estes feitos. (Adxúntase imaxe)

Controis de seguridade viaria

Durante as noites do venres e sábado, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, do Grupo Operativo Nocturno, co apoio de equipos de Atestados do Corpo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, estableceron diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, destacándose as seguintes incidencias:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

  • Ás 3:00 horas do día 11 detéctase na rúa República Arxentina un vehículo que non respecta a luz vermella dun semáforo, dándolle o “alto” e comprobando que o seu condutor CARECÍA de permiso de condución por non obtelo NUNCA, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Ás 23:30 horas do mesmo día intercéptase un vehículo na rúa Serra de Ancares, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/l, comprobando ademais que CARECE DO PERMISO DE CONDUCIÓN por non obtelo NUNCA, polo que é trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por DOUS DELITOS contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Ás 3:00 horas do día 12 dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  • Na Rolda das Fontiñas intercéptase un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Na rúa Frei Plácido Lemos dáse o alto a un vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,50 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Na Rolda de Fingoi dáse o alto a un vehículo, sendo sometido o seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,37 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
  • Nun control na praza de Bretaña sométese a un condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,38 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas